Un café na Rúa Nova de Abaixo
De súpeto, a pechadura advirte da súa chegada.
A premura coa que pecha a porta provoca un estalido que escorrenta calquera ápice de tristura. O seu rostro amosa a altitude da sensación. No mesmo, pódese albiscar o cumio daquel sentimento tan forte que, foi quen de alcanzar a cúspide da felicidade. Foi tal o apoxeo e balbordo daquela maraña de sentimentos que sen pronunciares unha soa verba, amosou aquel interior recén pintado de mil e unha cores que brillaban e se reflectían nos seus ollos coma foguetes que loitaban por saír para fóra; para vivir, para sentir e para amosarlle ao mundo a altitude daquel sentir.
Sentouse, colleu aire e soltouno coma se nunca máis o fose empregar. Rendeuse, aquel bocado de aire non era dabondo. A súa loita era consigo mesmo, moi alonxada da carrocería do seu ser, coma para estragar tempo pelexándose con aquel. Tiña que botar todo aquilo fóra, proxectalo e contar como se sinten os deuses cando non son quen de conseguir o que queren. Con que facilidade medran as lendas ao lume paseniño do inalcanzábel. Con que sinxeleza unha presada de minutos acende e prende aquilo que nos encadea á vida e nos fai libres coma ningunha outra cousa. Con que simplicidade se toma un café no barrio de Malasaña e se acaba amando a vida ante a pantalla dun portátil.
Jesu López
Un café na Rúa Nova de Abaixo.

Comentarios
Publicar un comentario